Uxía: ''Rosalía estaría contenta de que os nenos de hoxe cantasen os seus versos''

Uxía Senlle nun concerto. Foto: PEPE TEJERO
photo_camera Uxía Senlle nun concerto. Foto: PEPE TEJERO

‘Rosalía Pequeniña’ achega a obra da escritora do Rexurdimento aos máis pequenos con poemas feitos cancións a ritmo de muiñeira, blues ou rock. A actuación é ás catro na casa da cultura.

uxía anda metida en varios proxectos e un deles tráea hoxe ao Vicedo, onde interpretará temas recollidos no libro disco ‘Rosalía Pequeniña’.

En que consiste esta actividade?

É a presentación do libro CD, que é un disco que afonda un pouco na poesía de Rosalía pensada para público familiar e cativas e cativos, que poidan ver outra Rosalía diferente á que nos foi mostrada sempre; unha Rosalía luminosa, rebelde, divertida, vestida de moitas cores e ritmos diferentes tamén.

Vai interpretar tódalas pezas?

A maior parte, con Sérgio Tannus, que é o director musical do disco. Teñen unha sonoridade moi sinxeliña pero son cancións moi alegres. Intentamos que sexa moi participativo o concerto, que a xente e os nenos suban ao escenario e coñezan a esa Rosalía que segue a ser vixente, actual aínda hoxe en día coa súa mensaxe.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios