Urdangarín pasa a ser o ''duque de Lugo'' nun programa de televisión

Dicíame o outro día un amigo lugués: ¡Como xa non tivemos bastante con Marichalar, agora por riba na tele din que Urdangarín é ''duque de Lugo''. E tiña razón, pois no programa Materia reservada, de Telecinco, cansáronse de dicir que o marido da infanta Cristina é duque de Lugo. Un reiterativo lapso.


Club de fans nas redes sociais de Óscar Benito, presentador da TVG

Óscar Benito, presentador do programa En xogo da Televisión de Galicia, é un dos últimos rostros coñecidos da canle pública en contar con club de fans en Facebook. Onte era xa máis de medio cento o número de seguidores deste profesional da TVG, que non é o único que conta con incondicionais nas redes sociais.

Dorribo e o curmán de Blanco van declarar mañá e pasado en Madrid

O maxistrado do Supremo José Ramón Soriano tomará declaración mañá, martes, a Jorge Dorribo, o empresario que denunciou a José Blanco. Un día despois está citado o curmán político do ex ministro de Fomento, Manuel Bran. Por certo, un informe pericial pon en dúbida que o empresario lle pagara a Blanco.

Comentarios