Uns 600 veciños da zona rural accederán á ADSL de Telefónica cun plan da Xunta

Un total de 26 núcleos de población de Ribadeo nos que viven uns 600 veciños poderán acceder á banda ancha de internet nos vindeiros días dentro da tecnoloxía UMTS-3G de Telefónica dentro dun plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.

Os núcleos de poboación beneficiados no despregue son os de O Barredal, Os Bestilleiros, Cei, Cima de Vila, Fondo de Vila, Remourelle, Vilamariz, Barreiros, A Igrexa, O Pedregal, A Ponte, Requiande, Queixoiro, Os Casais, A Casanova, As Cerdeiriñas, Fornelo, Irexe, Moural, Sendín, A Xunqueira, Noceda, O Rato, A Madanela e Porto de Arriba.

En todos eles poderase acceder a internet con velocidades de 7 megas. Será unha oferta pola que Telefónica subministrará unha base wifi á que se poden conectar vías inalámbricas a distintos dispositivos coma o ordenador, o móbil ou as tabletas.

A tecnoloxía empregada por Telefónica ten unha grande capacidade de propagación en zonas rurais orográficamente complexas. Deste xeito, ademais de poder contratar o acceso á rede, no entorno dos devanditos núcleos de poboación mellorará sensiblemente, ou activarase por vez primeira, a cobertura de datos en mobilidade.

O despregamento en Ribadeo forma parte das actuacións do Plan de Banda Larga para dotar de cobertura a todos os galegos en 2013. Esta acción, adxudicada a Telefónica en setembro pasado, tentá dar acceso á rede de 11.300 novos núcleos de poboación.

Comentarios