Uns 450 veciños de todas as idades pedalean en Sarria no Día da Bicicleta

Os participantes prepáranse para a saída dende o parque do Chanto de Sarria. VILA
photo_camera Os participantes prepáranse para a saída dende o parque do Chanto de Sarria. VILA

A vila de Sarria acolleu onte a celebración dun multitudinario Día da Bicicleta no que participaron uns 450 veciños de todas as idades, que percorreron uns cinco quilómetros polas principais rúas da localidade.

O club DhGalicia e a área de deportes do Concello, organizadores do acto, entregaron premios aos participantes de máis idade (66 anos) e máis novo, unha nena de só 10 meses, Jimena Rodríguez, que ía nunha silla con seu pai. A familia de Ismael García (5 membros) foi a máis numerosa. Destacaron pola súa orixinalidade unha bici sen cadea, unha BH antiga e dous triciclos atados cunha corda.

Na xincana infantil celebrada no Chanto os gañadores foron Fiz López, Óscar Vázquez, Iker López, Cristian Rodríguez, Jansa Abufalis e Joan Fernández.

Comentarios