Unos 40 niños gozan de la Festa do Futuro de Momán

Saudade promoveu por primeira vez esta cita no campo de fútbol da parroquia
Un momento da festa celebrada en Momán.
photo_camera Un momento da festa celebrada en Momán.

Momán viviu a pasada fin de semana un momento histórico coa celebración da primeira Festa do Noso Futuro, programada pola asociación de mulleres rurais Saudade coa colaboración do Concello de Xermade e dirixida aos máis pequenos desta parroquia.

O escenario escollido para albergar esta cita de xogos e diversión foi o campo de fútbol da SD Momán, que se transformou nun parque de atraccións infantil cunha morea de actividades.

Así, algo máis de 40 pequenos, de diferentes idades, puideron aproveitar a xornada para interrelacionarse mentras saltaban con toda a ilusión do mundo nas colchonetas instaladas para a ocasión.

Ademais, monitores de Peques Park da Coruña, fixeron obradoiros de globoflexia e pintacaras para os pícaros, que non quixeron perder a ocasión de aprender e gozar destas actividades lúdicas.

As mulleres de Saudade organizadoras da cita instalaron tamén un ‘photocall’ conmemorativo da cita e prepararon unha merenda para os pequenos asistentes, que estiveron acompañados en todo momento polos seus pais e avós, que tamén disfrutaron desta intensa xornada na que tampouco faltou a música e os xogos populares.

Despois da excelente acollida pese a ser unha actividade pioneira na parroquia de Momán, a bo seguro a Festa do Noso Futuro terá asegurada a súa continuidade no tempo.

Comentarios