sábado. 06.03.2021 |
El tiempo
sábado. 06.03.2021
El tiempo

Unos 300 escolares participan en el Día do Voluntariado

Asistentes aos talleres Tic-Tac Town.
Asistentes aos talleres Tic-Tac Town.
O proxecto da Deputación Tic Tac Town promove actividades de sensibilización

Algo máis de 300 escolares ponteses dos centros de primaria celebraron o Día do Voluntariado a través do proxecto Tic Tac Town, unha vila itinerante chea de actividades que promove a Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a cooperación entre os máis pequenos.

O pavillón do CPI Monte Caxado converteuse nun gran espazo de xogos e obradoiros no que se habilitou unha zona, baixo o nome de Paseo da Esperanza, para dar a coñecer a actividade de varias entidades de voluntariado na vila. Estaban representadas Cáritas, A Xanela e Aspanaes.

Entre as actividades, os máis pequenos, que chegaron do colexio Santa María, A Magdalena, A Fraga e do propio Monte Caxado, puideron participar en obradoiros de teatro, expresión corporal e circo e malabares e achegáronse ao linguaxe de signos. Ademais, visionaron curtas sobre voluntariado e puxeron en marcha un mercado solidario.

«Todos traen un quilo de comida para donar e un xoguete e un libro que xa non usan para trocar entre eles», explicaba unha das monitoras, que indicaba que a intención de todas as actividades era mostrar o voluntariado como parte dun proceso de transformación persoal e social. «Con este día pretendemos canalizar todas as potencialidades que se atopan nun espazo onde conflúen persoas con diferentes inquietudes e aportacións e crear nexos e sinerxias», indicaron.

Unos 300 escolares participan en el Día do Voluntariado
Comentarios