Unhas 250 persoas participan na primeira Festa da Xuventude

A cita, organizada por catro mozos de Abadín, contou con animación musical, un xantar e xogos para nenos e maiores

A primeira Festa da Xuventude de Abadín logrou reunir a unhas 250 persoas na praza da vila, onde se instalou unha carpa para a celebración, que foi promovida por catro mozos da localidade, coa colaboración do Concello e de varios negocios de hostalaría da zona.

Roberto Paz, Marcos Rodríguez, José Hermida e Jesús Cendán foron os encargados de organizar un evento que arrancou cunha sesión vermú amenizada pola orquestra Foliada.

A continuación, os presentes compartiron mesa e saborearon un menú a base de callos de tenreira, churrasco de porco e chourizos. E, na sesión vespertina, organizáronse xogos para nenos e adultos, ademais de varios sorteos entre os asistentes, que continuaron a festa ata ben entrada a madrugada con máis música da orquestra Foliada e da discoteca móvil Puzzle.

Comentarios