Una vuelta a lo natural

Marcos Besada, con produtos da súa tenda. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Marcos Besada, con produtos da súa tenda. (Foto: José Mª Álvez)

A Estruga non é só unha tenda de produtos agroecolóxicos, senón que promulga outro xeito de vivir: unha volta ao natural. O seu impulsor, Marcos Besada, aposta por recuperar as producións locais e asesora aos veciños interesados na agricultura ecolóxica para producir deste xeito e despois comercializar na tenda as súas froitas e hortalizas.

«Queremos divulgar en Viveiro e na zona os valores da agricultura ecolóxica, potenciar o agroalimentario, e hai que facelo de xeito local, natural, como promulga o ecolóxico, e voltar aos circuítos curtos de comercialización», explica o propietario. Nun primeiro momento comezaron dando a coñecer produtos galegos envasados de xeito ecolóxico, como marmeladas, viños ou meles, pero na actualidade apostan pola horta ecolóxica e produtos frescos. «O que queremos ir conseguindo é que a xente se anime a traballar no medio rural a través da agricultura ecolóxica para poder suministrar as alacenas das familias cun produto ecolóxico e natural», sinala.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios