Una vuelta al mundo sin facturar maleta

Xurxo Mariño, en Fish River Canyon, en Namibia.
photo_camera Xurxo Mariño, en Fish River Canyon, en Namibia.

O neurocientífico de Foz Xurxo Mariño e a súa compañeira, Elisa Couto, empezaron hai uns días en Cabo Verde unha viaxe que se prolongará doce meses e que os levará a dar a volta a todo o mundo. Polo de agora, «unha marabilla».

o percorrido de Eli e Xurxo pódese seguir na bitácora www.vagamundeando.com e comezou en África en vésperas do San Froilán. Primeiro foi Cabo Verde e, despois, Sao Tomé e Príncipe e xa pisaron os viaxeiros o continente ao chegar a Namibia. O roteiro africano cara o sur definirano sobre a marcha, comenta Xurxo Mariño, activo polo correo electrónico e nas redes sociais malia as millas de distancia.

«Visitaremos os países que nos pareceron máis atractivos/seguros, ata chegar a Suráfrica; logo saltamos a América, para percorrela desde Terra do Fogo ata Alaska; e despois dalgúns arquipélagos do Pacífico, chegaremos a Nova Zelanda e Australia; e de aí por Asia cara arriba ata chegar a China, Mongolia, Rusia... para entrar polo leste de Europa».

 

 
 

 
0'0 (0 votos)

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios