FORO: Cóntenos a súa opinión

Unha veciña de Foz recolle sinaturas para que cans poidan usar unha praia

Máis de 700 persoas apoian polo momento a proposta de Carmen Mosquera, que defende que se podería permitir o acceso de mascotas a areais con pouca afluencia

Unha veciña de Foz leva recollidas máis de 700 sinaturas na plataforma Change.org para que o Concello habilite un areal para que os donos de cans poidan ir á praia coas súas mascotas. Unha petición que Carmen Mosquera presentará oficialmente na casa consistorial nunhas semanas, polo que anima á xente a sumarse á iniciativa e asinar para que este verán Foz conte cun areal no que os animais podan acudir sen medo ás sancións.

Os interesados en sumarse á petición poden facelo de maneira presencial nas tendas de mascotas existentes en Foz, pero tamén a través da plataforma change.org, onde son moitas as sinaturas recollidas de xente que veranea en Foz e o fai cos seus cans.

"En Foz temos un montón de praias e non pedimos que sexa A Rapadoira, pero si algunha outra onde acuda menos xente", comenta a promotora.





Comentarios