Unha triste graza do Goberno

Un home intentando abusar dunha muller e outro, membro das forzas de seguridade, gravando un vídeo da agresión e por riba ríndose da situación. Parece India, verdade? Pois non, aconteceu moito máis preto, en Asturias. Triste que un garda civil en vez de defender as vítimas estea da beira dos delincuentes. E é mágoa tamén que alguén así poida seguir desempeñando o labor de protexer os dereitos e liberdades dos cidadáns, que é a función que oficialmente teñen os integrantes deste corpo. E en parte pode facelo debido ao indulto concedido polo Goberno, unha graza pola que non ten que dar explicación algunha nin razoala, aínda que fixera resaltar que o Ministerio de Xustiza apreciara razóns de equidade e xustiza. Carezo de datos de todo o que sucedeu, e non me vou eu arrogar o papel de xuíz supremo sobre o que está ben ou mal, pero de entrada moi xusto non parece. Ou si?

Comentarios