''¿Una locura de amor? ¡Ir a vivir con Xesús el día que nos hicimos novios!''

Tras numerosos concertos no estranxeiro, a gaiteira Susana Seivane remata o ano tocando en Galicia

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

Gústame o cariño e o apoio que me dan os meus seguidores. O peor é que poucas veces deixo de ser Susana Seivane para ser só Susana.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a…

De pequena quería ser detective ou mestra. Sempre me gustaron os nenos e, de feito, estudei puericultura. Pero se volvese empezar adicaríame á gaita, porque tenme dado tantas satisfaccións...

3. O soño que máis se repite é...

Voar, e o máis interesante é que podo facelo en tódolos soños que quero, por elección propia.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Á miña familia materna, da que nos separamos cando nos viñemos vivir á Coruña. Foi unha separación dolorosa.

5. ¿A quen admira?

Admirei sempre e sigo admirando ao meu avó Seivane. Traballou moito pero non se esqueceu nunca da súa familia. Esa tamén foi unha separación dolorosa, tiñamos unha relación moi especial.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

De terlle dado oportunidades a xente que non as merecía.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Si, voto sempre. É un dous poucos dereitos que seguimos tendo e non entendo á xente que non o utiliza, é a nosa voz cara os políticos.

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

A Age.

9. ¿Que cita subscribiría?

«Matar a unha persoa por defender un ideal non é defender un ideal, é matar a unha persoa».

10. ¿Que coche ten?

Un Renault Scénic.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Un Audi TT descapotable biplaza, que vendín hai pouco, moi embarazada, porque non era un coche familiar. E fastidioume.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

As miñas gaitas.

13. Unha toleada que fixera por amor…

Empezar a vivir con Xesús [o púxil Cachorro] o mesmo día que nos fixemos mozos.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Unha infidelidade, porque iso implicaría moitas outras cousas como a mentira, a traición, a falla de respecto...

15. ¿Teñen algún pacto?

Ser felices e facer que o noso fillo Fiz medre moi feliz e libre.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Si, que, en xeral, viven máis tranquilos que nós. As mulleres dámoslle moitas voltas á cabeciña.

17. ¿Algo que nunca falte na súa neveira?

Agora, verduras para os purés de Fiz, ¡nunca merquei tantas!

18. Pérdea un bo…

Cocido.

19. Unha prenda que desteste.

Os vestidos largos que se poñen nas vodas, así medio sedosos, brillantes… ¡puf!

20. A súa viaxe soñada sería a…

A un mundo sen guerras, corrupción política, favoritismos... no que todos foramos iguais.

21. A paisaxe que máis a impresionou foi…

A Vara, onde naceu meu pai. É un paraíso cun microclima espectacular.

22. ¿E a súa materia pendente?

Aprender olaría.

«FIZ OE A GAITA E O MUNDO PÁRASELLE»

1. Vindo dunha saga de gaiteiros e artesáns de sona, ¿cre que a arte vai nos xenes?

Si, estou convencida. Dende pequena tiven moita musicalidade e agora vémolo tamén cos máis pequenos da familia. O meu afillado Brais toca a gaita e a batería con cinco anos, e o meu fillo Fiz, de oito meses, escoita unha gaita e é como se se lle parara o mundo.

2. ¿Gustaríalle que Fiz continuase a tradición familiar?

Si, pero máis aínda me gustaría que se adicara ao que fora a súa paixón.

3. ¿Cre que as novas xeracións se interesan polas músicas tradicionais galegas tanto como para garantir que pervivan?

Si, e moito. Ás veces a culpa é dos pais, que non os escoitan e prefiren metelos antes a fútbol ou a outras actividades. A música é necesaria para os nenos, para o seu desenvolvemento como persoas; ten moitos beneficios, aparte do de continuar e valorar as nosas tradicións. As autoridades terían que traballar para que a música fora unha parte importante na educación, como pasa noutros países e noutras comunidades autónomas.

Comentarios