Una socialista de 31 años acaba con décadas de poder del PP en Lourenzá

O BNG seguirá na corporación laurentina cun edil, pese a que ao Ministerio do Interior non lle constaba o reconto total dos votos
A nova alcaldesa laurentina, Rocío López García.
photo_camera A nova alcaldesa laurentina, Rocío López García.

Rocío López García, de 31 anos, unha licenciada en Administración e Empresas que traballa a tempo parcial nunha empresa madereira e que traballou dende a oposición o último mandato, en Lourenzá, remata con máis de 30 anos de gobernos populares nesta vila mariñá. «Aínda estou en estado de shock. Eu esperaba como moito un 5-5-1, pero non a maioría absoluta», recoñece. O BNG entrará na corporación, con case absoluta seguridade, cun edil, fronte ás informacións que hoxe se publicaban nos medios, que falaban da perda do seu concelleiro, César Docampo.

«Imos presentar unha reclamación perante a Xunta Electoral de Zona porque segundo o ministerio, o reconto dos votos do BNG é de 123 cando en realidade, conforme as actas do escrutinio coas que contamos, temos uns 164, co que materíamos o edil», matiza o nacionalista César Docampo.

O mesmo afirman tanto a nova alcaldesa, como a saínte, a popular Emma Álvarez. Esta última, pese a que vai perder un edil cando entre o do Bloque, recoñece «o bo labor realizado por César Docampo estes anos na oposición». De feito, non entende como non subiu o BNG máis que o PSOE, posto que os socialistas «non presentoron nin unha soa iniciativa».

«Presentei a miña renuncia coma presidenta do partido a nivel local tanto ante o secretario provincial, como ante o presidente da Xunta, por se consideran que non fixen ben o meu labor», anunciaba onte a alcaldesa saínte, con fonda tristura e lamentando que pese as súas boas intencións, teña que estar recibindo mensaxes «insultantes no teléfono e nas redes sociais», ademais de ter sufrido o feito de que «dentro do propio partido houbo quen non xogou limpo e mesmo pediu o voto para outra formación».

Deixa encarrilados dous acordos cos que a nova alcaldesa asegura que continuará: «O xoves adxudicamos a cesión da vella lonxa municipal á cooperativa agraria Terras de Lourenzá, para que a usen coma sede e hai unha subvención pedida para remodelar o inmoble. Tamén agardo que se poñan en marcha os mercados das prazas para vender os excedentes dos produtos de horta», avanza Álvarez, que acaba de sofrir un «batacazo» tras ter que asumir un goberno que lle veu dado, durante dous anos e medio. «Creo que hai un cabreo xeralizado cos gobernos que levaban tempo e a xente ten gañas de mudar cousas; tamén pasou en Mondoñedo», estima.

Gobernar con transparencia e abaratar o mínimo a taxa do lixo para as deceas casas que estean baleiras son algúns dos obxectivos que se marca a nova alcaldesa que gobernará xunto cos ,ata o de agora edís, o camioneiro Carlos Rivas e a chacineira Mercedes Dengra, ademais do mestre Manolo Arango, o taxista Francisco Dasilva e o xubilado Miguel Castrillón.

Comentarios