Unha septuaxenaria morre e o seu home resulta ferido nunha saída de vía no Corgo

Unha grúa recolle ó vehículo accidentado (Foto: Guille Dacal)
photo_camera Unha grúa recolle ó vehículo accidentado (Foto: Guille Dacal)

Unha septuaxenaria faleceu e o seu marido resultou ferido de extrema gravidade nun accidente rexistrado na tarde de onte na autovía A-6, ó seu paso polo concello do Corgo. O sinistro produciuse, en torno ás 18.30 horas, no kilómetro 478 da autovía. O vehículo no que viaxaba a falecida foi o único implicado.

Segundo informaron fontes da Garda Civil de Tráfico, o accidente consistiu na saída de vía dun único coche, un Citroën Xsara de cor gris con matrícula A-4487-DV, que se precipitou por un desnivel duns dez metros de altura e volcou, por causas que ata o momento non se puideron precisar.

No vehículo viaxaba un matrimonio septuaxenario. O home, con iniciais R.R.R., de 78 anos de idade, era o conductor do coche e resultou ferido moi grave, polo que foi trasladado ó hospital universitario Lucus Augusti (Hula), donde a última hora de onte permanecía ingresado con pronóstico reservado.

A acompañante, Antonia Donínguez Bejarano, de 75 anos de idade, resultou falecida no lugar do sinistro.

O matrimonio residía na localidade de Campello, pertencente á provincia de Alacante e circulaba co seu vehículo en dirección a A Coruña.

Efectivos

Ó lugar do accidente acudiron efectivos da Garda Civil, do Centro de Xestión de Tráfico e unha ambulancia medicalizada do 061. Debido á magnitude do sinistro, tamén se requeriu da presencia dos bombeiros de Sarria e de Lugo, Según sinalan efectivos do corpo de bombeiros, o impacto foi tal que o vehículo quedou moi deformado e foi necesario excarcelar ás dúas persoas que o ocupaban.

Comentarios