Unha presentadora da TVG, Lorena Pose, deixa de utilizar a 'gheada'

Lorena Pose, presentadora do programa A revista na Televisión de Galicia, deixou de empregar a gheada (dirixíase ao público cun ghracias ou un ata logho, como recolle El País) logo de que en Informativos lle deixaran claro que o lóxico é empregar a normativa estándar. De todos modos, o debate segue aberto.

Pablo Isla e o lucense que preside o BBVA, no encontro co monarca
Pablo Isla, presidente do grupo galego Inditex, e o chantadino Francisco González, máximo directivo do BBVA, estiveron presentes na reunión privada (que non foi tan privada, porque se divulgaron foto e información) que o Rei mantivo con destacados empresarios e na que lles pediu arrimar o ombro ante a grave crise.

Louzán, Juárez, Martín, Hernández e Louro, pechados nun ascensor

Foi o pasado venres: Samuel Juárez, Telmo Martín, Rafael Louzán, Agustín Hernández, Antón Louro, o secretario de Estado Rafael Catalá e a xefa de gabinete de Ana Pastor, Alicia Portas, quedaron pechados uns minutos nun ascensor do consistorio de Pontevedra. E todo porque ían sete en lugar de seis.

Comentarios