Una opción para vivir con y de la natureza

Raquel Freiría e Santiago Piñán, na súa tenda (Foto: Xesús ponte)
photo_camera Raquel Freiría e Santiago Piñán, na súa tenda (Foto: Xesús ponte)

O medio rural ofrece alternativas de vida, só hai que deterse a escoitar, a ollar, e armarse de valor porque sobrevivir na natureza nunca foi fácil. Un grupo de emprendedores asentado en Negueira de Muñiz embarcouse nesta aventura. Formaron a cooperativa 27113 Comuna e traballan desde entón para conseguir un medio de subsistencia respectuoso co contorno e con implicación social.

Buscan calidade de vida cun sistema baseado no aproveitamento dos recursos naturais e unha dose inxente de imaxinación e traballo para reinventarse cada día e subirse ao carro de calquera oportunidade que pase pola súa porta.

Raquel Freiría, Santiago Piñán, María Mato e Lucía González son os impulsores desta cooperativa. Hai uns anos, compraron dúas casas en Cancio e puxéronse mans á obra para restauralas.

INTEGRACIÓN
A cooperativa busca axudas para protexer fincas da fauna salvaxe

A cooperativa 27113 Comuna estuda a posibilidade de solicitar axudas para protexer da fauna salvaxe as fincas dos agricultores e gandeiros. Explican que a organización Fapas, que traballa na protección da fauna salvaxe, contempla esta posibilidade e facilita medios para instalar peches axeitados co fin de evitar os ataques de osos, entre outros.

CASA DO OSO. Estudo e recuperación

A cooperativa 27113 Comuna ten en proxecto a posta en marcha dunha casa do oso, un centro dedicado ao estudo desta especie, a súa recuperación e a integración no contorno.

EMPREGO. Anos de rehabilitacións

A cooperativa de Negueira ten aberta una bolsa de emprego da que contrata persoas para traballos puntuais, como os de rehabilitación dos edificios que ocupa, que levaron varios anos.

PROXECTO. Tratamentos con auga

Os integrantes da cooperativa están habilitando unha sala de tratamentos con auga para ampliar a oferta de servizos e completar os paquetes turísticos.

Comentarios