Una oca para romper barreras

Reyes Fra (esquerda) e Rocío Martínez, xunto ao xogo que inventaron. (Foto: C.L.F.)
photo_camera Reyes Fra (esquerda) e Rocío Martínez, xunto ao xogo que inventaron. (Foto: C.L.F.)

O Día Mundial do Alzhéimer conmemórase mañá pero o centro de día para persoas con demencias de Celeiro adiantou a celebración un día para achegar información sobre esta doenza aos máis pequenos. Dúas traballadoras do centro idearon un xogo que fixeron os propios usuarios e algúns deles desprázanse hoxe ao colexio Pedrosa Latas para facer partícipes aos alumnos desta actividade, co obxectivo de que todos interactúen.

As impulsoras son a terapeuta ocupacional do centro, Reyes Fra, e a enfermeira Rocío Martínez. As dúas explican que levarán a algúns maiores ao colexio para facer cos nenos este xogo, que é como unha gran oca con casillas de distintas cores nas que para avanzar hai que facer varias actividades, por exemplo «de estimulación, preguntas sinxelas sobre o alzheimer, probas para que interactúen, adiviñanzas ou refráns, que é do que máis se acordan os maiores», comentan. O obxectivo é «darlles a coñecer aos nenos a enfermidade e como sería o comportamento cos seus avós, que os nenos teñan unha visión do alzhéimer e saiban entender aos maiores, e que interactúen entre eles, pois non é un tabú, poden facer actividades xuntos», aseguran. É a primeira vez que fan este xogo e participarán uns 35 alumnos de quinto e sexto de primaria.

ASOCIACIÓN
Afavi porá unha mesa informativa na Fontenova

A asociación de familiares de enfermos de alzheimer en Viveiro (Afavi) celebra o día internacional da doenza cunha mesa informativa que estará instalada mañá pola mañá na Praza da Fontenova. Segundo explicou a psicóloga do colectivo, Ana Solloso, no posto informarán sobre a enfermidade, e «que se saiba que hai unha asociación en Viveiro, non só de alzheimer, senón tamén para outras demencias, que presta axuda aos enfermos e tamén ás familias». De feito actualmente teñen en marcha uns talleres de estimulación cognitiva nos claustros de San Francisco aos que acoden sete maiores pero tamén prestan asesoramento a unhas 25 familias. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios