martes. 17.05.2022 |
El tiempo
martes. 17.05.2022
El tiempo

Una nueva comisión hará la fiesta de San Xoán en Covas

Sardiñada no San Xoán de Covas (Foto: AMA)
Sardiñada no San Xoán de Covas (Foto: AMA)

A chamada case á desesperada dos antigos organizadores do San Xoán de Covas para intentar que se formara unha nova comisión tivo finalmente resposta por un grupo de sete veciños que xa empezou a traballar contra o reloxo para que a localidade non perda a súa festa máis insigne.

Natalia Yáñez Castro é unha das integrantes da nova comisión, que decidiu tomar as rendas porque «é unha festa de moita tradición e daba pena que o pobo quedara sen ela», recoñece. Os acontecementos sucedéronse moi rápido, xa que foi este mesmo fin de semana, a raíz da publicación neste xornal de que a antiga comisión se disolvía, cando decidiron dar un paso adiante. A súa primeira idea era organizar pola data das festas algunha actividade ou concerto, pero logo de falar cos antigos organizadores, que se prestaron a axudarlles, apostaron por intentar facer unha cita en condicións.

Consiga AQUÍ la información completa

Una nueva comisión hará la fiesta de San Xoán en Covas
Comentarios