Unha mostra de 90 fotos de bandas achega ao MIHL de Lugo «a emoción do rock»

Centos de fotos de pequeno formato integran a exposición. XESÚS PONTE
photo_camera Centos de fotos de pequeno formato integran a exposición. XESÚS PONTE

A exposición As imaxes do rock trata de "achegar as emocións que os músicos transmiten a través das imaxes de fotógrafos e afeccionados á fotografía", segundo Julio Gayoso, voceiro da asociación cultural Lugo Rock. Esta achega vai producirse dende onte e ao longo de todo o mes no Museo de Historia Interactiva (MIHL) de Lugo.

A mostra reúne noventa imaxes que retratan músicos de 24 bandas de Lugo e internacionais que practican o rock e máis o metal realizadas por doce fotógrafos que amosan a paixón dos músicos no directo, a súa seriedade mítica no posado ou mesmo a súa capacidade para bromear a proposta do fotógrafo.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios