Unha matrona pide que se respecte o traballo e o historial do servizo

A matrona María Noemisa Parada Barbadaes, do hospital, reclamou onte, igual que fixera o pasado venres a xefa de servizo de Xinecoloxía do centro, Ana Casal, que se respecte o traballo do departamento e das súas profesionais.

Nun escrito difundido entre os medios de comunicación, María Noemisa Parada sae ao paso das palabras do director de Asistencia Sanitaria do Sergas, Félix Rubial Bernárdez, efectuadas nun foro celebrado en decembro en Monforte no que, segundo varias testemuñas, dixo que o baixo número de partos que se atendían no hospital comarcal de Monforte no ano non garantizaban a «pericia» dos seus profesionais e que, en consecuencia, era recomendable trasladar o servizo ao complexo hospitalario de Lugo.

María Neomisa Parada defende que como matrona que exerce no hospital comarcal dende 1986 se sinte «ofendida porque penso que a calidade asistencial non se mide soamente polo número de partos, tamén pola profesionalidade das personas que os atenden, demostrada dende hai moitos anos».

Comentarios