Una historia de colonos

Reunión anual de extraballadores do Instituto Nacional de Colonización, celebrada no asador O Cabuxo de Muimenta. (Foto: EP)
photo_camera Reunión anual de extraballadores do Instituto Nacional de Colonización, celebrada no asador O Cabuxo de Muimenta. (Foto: EP)

Matodoso sería o primeiro, a finais dos 50, e case dez anos despois, nacían O Arneiro, xunto con Veiga de Pumar, e A Espiñeira. Estas tres zonas de colonización nos municipios de Castro de Rei e Cospeito son aínda hoxe un referente na modernización do sector gandeiro de produción láctea.

unha viaxe en avioneta sobrevoando a Terra Chá acabou por converter unha iniciativa forestal nun proxecto de colonización que supuxo a creación de preto de 200 explotacións gandeiras de produción de leite entre Cospeito e Castro de Rei, cuns 4.000 exemplares de raza frisona e a transformación dunhas 2.500 hectáreas de terreo.

Nos anos 50, a zona que hoxe ocupan os poboados colonos do Matodoso, O Arneiro e A Espiñeira era un gran monte improdutivo e sobre a mesa había un proxecto para plantalo, aínda que a iniciativa non contaba co beneplácito dos veciños da zona.

PROPIEDADES
Casa con finca, vaca, egua e carro

Os colonos recibían unha casa e un terreo, libre de cargos durante os primeiros cinco anos e que logo ían amortizando co tempo. Tamén recibían numerosas axudas, pois financiábaselles unha egua e un carro e a primeira vaca de leite, que se lles entregaba preñada de oito meses e que podían custear en cinco anos ou dándolle ao Instituto a primeira cría unha vez que estivese preñada.

PROMOTOR. Odón Fernández Lavandeira

O interese do enxeñeiro Odón Fernández Lavandeira, xefe do departamento agrícola do noroeste de España, por desenvolver a colonización chairega foi moito máis alá do estritamente profesional. Converteu O Arneiro na súa segunda casa e por vontade propia os seus restos mortais descansan no cemiterio da localidade, onde a praza da igrexa leva o seu nome. O Concello de Castro de Rei tamén lle tributou un sentido homenaxe, nomeándoo fillo adoptivo do municipio en outubro do 1976.

Matodoso, un poboabo pioneiro que serviu como testaxe do proxecto

  • Con case 500 hectáreas de terreo de varias parroquias de Castro de Rei e máis de 190 da de Xustás (Cospeito), nacía o primeiro poboado colono da Chaira, O Matodoso. Os traballos inauguráronse oficialmente na Roza da Carqueixa o 28 de setembro do 1956. O feito de ser o primeiro converteuno nun espazo experimental, do que se valoraron acertos e erros de cara á posta en marcha das outras dúas zonas de colonización: O Arneiro e A Espiñeira.

O Arneiro e Veiga de Pumar culminaron a colonización con 1.477 hectáreas

  • «Copiouse moito dos colonos, foi unha experiencia moi interesante para toda a zona e houbo quen traballou ben e fixo fortuna», lembra José Vázquez Mouriz, párroco do Arneiro durante máis de 20 anos, dende a súa fundación no ano 1967 ata que o nomearon párroco de San Cosme de Barreiros no 1990, «o día da invasión de Kuwait». «Fun para facer a festa no mes de setembro, dedicada a Santa María da Cabeza», continúa este crego, que nos seus comezos chegou a facerse cargo de todas as zonas da colonización.

A Espiñeira, unha pequena iniciativa para unha ducia de familias

  • Paralelamente á posta en marcha do Arneiro levouse a cabo a roturación de terreos para o desenvolvemento da Espiñeira, a zona de colonización máis pequena de todas, tanto por número de hectáreas afectadas, pouco máis de 350, como polo número de colonos que se trasladaron ao lugar, un total de doce familias.  

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios