Unha gaita para un futuro

Agnesa, coa sackpfeife, xunto a Sito e rodeada da súa familia. (Foto: C.Pérez)
photo_camera Agnesa, coa sackpfeife, xunto a Sito e rodeada da súa familia. (Foto: C.Pérez)

Hai dez anos, Sito Carracedo viaxaba á rexión sueva de Alemaña co obxectivo de recuperar unha gaita do século XIX, un proxecto que dá un paso máis grazas a Agnesa Brinkmann, unha moza de 16 anos que quere aprender a fabricar a sackpfeife.

aGNESA bRinkmann é unha rapaza de 16 anos de Ballinger (Alemaña) que dicidiu pasar a Semana Santa en terras guitiricenses, acompañada por varios familiares e amigos, aínda que non de vacacións. O seu obxectivo é construir unha gaita, e non unha calquera, senón unha sackpfeife, un instrumento do século XIX que estaba desaparecido ata a que a asociación cultural á que a súa familia e ela pertencen quixo recuperala hai xa dez anos.

Nesa ecuación fíxose imprescindible a figura do artesán galego Sito Carracedo. Apenas un libro de referencia, varios viaxes a Alemaña e moitas xornadas de traballo no seu obradoiro de Pardiñas fixeron posible materializar a recuperación deste antigo instrumento.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios