martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

Unha festa de moitas maneiras

Photocall no Museo do Mar (Foto: José Mª Álvez)
Photocall no Museo do Mar (Foto: José Mª Álvez)

Cada quen festexa o Día das Letras Galegas á súa maneira, pero co mesmo obxectivo: lembrar a importancia da literatura galega ó mesmo tempo que se lle rinde homenaxe a un escritor en galego, nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño.

Os actos xa principiaron onte no Museo do Mar de San Cibrao e no IES de Foz con dúas actividades moi diferentes. No museo sancibrense hai colocado un photocall no que os visitantes poden facerse unha foto caracterizados coa nariz de pallaso e o sombreiro que son seña de identidade de Vidal Bolaño e cun cartelón coa palabra en galego que máis lles guste. Estas imaxes iranse subindo despois ás redes sociais da Rede Museística Provincial, para que quen o desexe poda elaborar textos literarios con elas entre o 20 e o 31 deste mes. O photocall está aberto ata o domingo.

Consiga AQUÍ la información completa

Unha festa de moitas maneiras
Comentarios