lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

Unha festa convertida en velorio?

COMEZA o San Froilán, unha das principais festas de Galicia, se non a mellor, e faino coa espada do xulgado enriba. Xa non abonda con que se xudicialice a política, como ocorre nos últimos anos, agora tamén se fai coas festas, que por definición significan algarabía, barullo, balbordo, ledicia.

Pero por orde dos xuíces haberá que celebralas en silencio, sen unha voz máis alta que outra, non vaia ser que o alcalde, que polo momento librou de todos os procesos xudiciais -e xa leva uns cantos- acabe condenado por permitir dous bises nun concerto por pasarse uns minutos da hora fixada polo maxistrado para que empece oficialmente o descanso dos que viven preto do Parque.

Lóxico que se poña límite de decibelios e horario ao feiral e que haxa control na venta ambulante para evitar que o San Froilán derive nun anárquico mercadiño, pero de aí a converter a festa en velorio vai un mundo. Viva o San Froilán.

Unha festa convertida en velorio?
Comentarios