Una cultura por descubrir

Festa da muller caboverdiana que se celebrou onte na praza de abastos de Burela (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Festa da muller caboverdiana que se celebrou onte na praza de abastos de Burela (Foto: José Mª Álvez)

As mulleres caboverdianas festexan cada 27 de marzo o seu día -que coincide coa data de fundación, no ano 1981, da Organizaçao das Mulheres de Cabo Verde- e as que viven en Burela fixérono onte cunha festa ben cargada da súa música e cultura populares.

Os grupos Batuko Tabanka e Batuko Rebentola, integrados por dúas xeracións de mulleres, puxeron o ritmo e a alegría nunha festa que organizan dende hai tres anos a Asociación para a Cooperación con Cabo Verde (ACCVE) e as asociacións culturais que dan nome ós devanditos grupos. O obxectivo non é outro que «pasar a tarde xuntas e mostrar a cultura caboverdiana ós que veñen», resume Luzía Oca, presidenta da asociación de cooperación. Ademais houbo merenda, pois «toda a xente leva algo de comida, de Cabo Verde ou de aquí, e é unha forma máis de compartir», engadiu.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios