miércoles. 18.09.2019 |
El tiempo
miércoles. 18.09.2019
El tiempo

Unha conversión cuestionada

A todos lles gusta gañar por maioría absoluta. Lóxico, é máis cómodo gobernar; pero iso precisamente facilita a ausencia de consensos, e o risco de que ao cambiar o mando a situación se envorque. Para facilitar a estabilidade, nos grandes asuntos requírese, ademais, amplas maiorías, para evitar que cada catro anos se movan os piares da democracia. Aproveitando a súa superioridade numérica, o PP pretende dar un golpe de man coa sensación de que adapta a lei electoral aos seus intereses sen contar con ningún dos outros partidos, por moito que adorne a súa proposta co pomposo nome de elección directa de alcalde, cando non é así, simplemente trátase da conversión dunha maioría simple en absoluta e de que entre no Concello alguén da lista que proporcionalmente non lle correspondería, en moitos casos para que despois só serva para erguer a man nos plenos cando o pida o alcalde.

Unha conversión cuestionada
Comentarios