jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

Unha comunidade ao redor do monte

ELP3108P14F2.JPG
ELP3108P14F2.JPG

A comunidade de montes veciñais en man común de San Xoán de Lagostelle ten escrita a súa historia sobre a base da cooperación. Á contribución anual que fan para as festas súmanse achegas puntuais que fixeron posibles melloras moi aproveitadas polos veciños, e todo grazas a que as 600 familias que forman parte desta institución guitiricense nunca recibiron réditos, polo que todos os beneficios se reinvirten no propio monte ou en obras social.

Só por iso, por compartir con todo o concello os réditos do seu monte, hoxe danse unha homenaxe nun espazo idílico que tamén foi erixido sobre as súas terras, a área recrativa de San Xoán, ou popularmente coñecida como o pantano de Guitiriz, unha frecuentada zona de lecer da que ademais bebe o pobo.

Consiga AQUÍ la información completa

Unha comunidade ao redor do monte
Comentarios