Una cita con la historia en Galdo

Asistentes á feira con gando e postos.
photo_camera Asistentes á feira con gando e postos.

A Feira das Maulas de Galdo volve esta fin de semana e faino con máis de tres centurias de historia ás súas costas nas que cambiaron moitas cousas, aínda que esencia se mantén intacta: o mercado de animais, aínda que con menos participación, segue sendo o prato forte desta cita multitudinaria en público, como tamén o son as carreiras de cabalos que colleron un pulo importante nos últimos anos. «Eu teño 75 anos e recórdoa sempre, pero nin sei por qué leva o nome de Feira das Maulas», di Francisco Rivera, presidente da asociación de veciños Camiño de Galdo, encargada de organizala.

O cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, fixo no seu día un estudo histórico sobre a orixe da feira, da que había constancia xa a finais do século XVII, pois falaba dela un documento do Consejo de Castilla. A cita conseguiu manterse a pesar de padecer numerosos atrancos motivo dos conflitos en anos posteriores coa vila de Viveiro, cuxo mercado estaba suxeito a uns tributos que en Galdo non existían. Mesmo chegou a prohibirse a feira anual do 8 de maio no lugar de Lodayro, percursora das Maulas, que se legalizou en 1721. «Reactivouse no XVIII e ten vixencia nos séculos posteriores. Sempre foi unha feira moi importante en canto a vendas», lembra o cronista.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios