''Una se llamaba Pastora, otra Xovenca, otra Marela, otra Parda''

Fachenda de gando
Fachenda de gando

As vacas son como as miñas fillas. Estás todos os días con elas, enfádaste, emociónaste, choras, ris. Unha vez morreume unha tenreira mentres lle estaba facendo o boca a boca, foi horrible. Sufro un montón. O peor que me pasou é que tiven un baleiro sanitario aos dous anos de empezar e tiven que sacrificar todas as vacas. Cando se tiveron que levar a todas as miñas nenas ao matadoiro, pasoume algo incrible, viñeron meus pais para axudarme nese momento tan amargo e dixéronme que me quedase en casa. O caso é que ao cabo dun intre vén meu pai e dime que non son quen de meter ás vacas no camión. Pois ben, eu saín e empezaron a meterse no camión elas soas e en ringleira e a mirarme. Nunca esquecerei aquelas olladas. Ao día seguinte, imaxina a depresión que tiña. Levanto a persiana e atópome pastando unha vaca dun veciño que se lle escapara e deume unha alegría enorme.

Marta Álvarez Quintero / Granxa Maruxa / Monterroso

A Concentración Parcelaria non sei se foi boa ou mala, pero o caso é que hoxe na miña aldea que eran daquela vinte e cinco casas, non queda unha vaca. Cando vas alí, que eu vou moito, pois viven meus pais, o que boto en falta é a xente. De ir, entrar nunha casa, entrar noutra sen chamar a calquera hora, esa relación que tiñas... a xente que vén de fóra non o entende, mesmo xornalistas que viñeron á miña casa non entenden que vaias e digas: «Ei, Amador, que viño tes na casa? Imos tomar un viño». Iso é un mundo, un mundo que se perde. Algúns obstinámonos a que non se perda, non digo que sexa mellor ou peor, é o noso mundo, un mundo diferente.

Afonso Eiré López / Riopedroso / Laxe / Chantada

Mi padre contaba un suceso que no sé si es historia o bulo. Al parecer en el diario bailaron los pies de un par de fotos, lo que le costó un «puro» al periódico. En aquella que se veía un hermoso lote de vacas gallegas pusieron: «Las autoridades asistentes a la inauguración de la feria ganadera con el obispo don Antonio Ona de Echave (al que los niños llamábamos don Antonio «cona sen chave», vamos «coño sin llave») y en la que se veía a las autoridades pusieron: «Magníficos ejemplares de vaca gallega ganadoras de la feria ganadera de san Froilán».

Carlos Varela Prieto / Lugo

Tiñas que ir buscar o boi aos ricos e como non pagabas con diñeiro, tiñas que pagalo con xornais.

María Vecín López / Veiga de Brañas / Zanfoga / Pedrafita do Cebreiro

Reconozco que tuve una infancia feliz y que esos fines de semana en el pueblo me permitieron crecer rodeada de animales. Por eso, me duele tanto oír hablar del desastre de las vacas locas. Para el campesino gallego son algo más que unas vacas. Cada animal tiene su nombre y su propia personalidad. Y cuando una enfermedad llega a una granja, significa mucho más que un descalabro económico.

Silvia Jato / Lugo

Había vacas de todo tipo. Algunhas eran moi boas de ordeñar e outras, ao mellor dábanlles unha patada á canada e todo o leite ía polo chan.

Carmen Méndez Goás / Viveiro

Axudaba na casa, coas vacas, a coller nabizas e cousas así. Tiñamos oito vacas. Unha chamábase Pastora, outra Xovenca, outra Marela, outra Parda. Daquela traballábase todo coas elas. Cultivabamos patacas, verzas, repolo, cebolas, leitugas, remolacha...

Adelina Fernández Ferreiro / Piñeira / A Fonsagrada

Eu nunca crin moito nesas cousas. Pero agora recordo de pequena coa miña irmá que iamos encima do carro coas vacas e máis a miña nai. Había unha señora, xa maior, que dicían que botaba o mal de ollo e nunha ocasión, ao pasar xunto dela unha vaca deu a volta. Naquel tempo eu non entendía aquilo. Para poñer a vaca no seu sitio tiveron moitos problemas. De feito, cando iamos a misa, ninguén quería sentar xunta esta señora. Por isto ela agardaba ata que empezara a misa, e cando ía empezar o que facía era entrar e sentar entre a xente, e non tiñan máis remedio que facerlle sitio.

María Lorenzo Lorenzo / Viveiro

Y tras la resaca de una noche mágica había quien se acordaba también de su ganado. En materia de buscar la protección, tan importante era hacerlo con la propia familia como con los animales del hogar. A la mañana siguiente se sacaba el ganado de la cuadra y se pasaba por encima de las cenizas de la hoguera. La intención era purificar.

Fernando Lamela Castedo / Monforte de Lemos

Estando eu só coas vacas, apoieime na aguillada para sentirme máis cómodo, pero como a terra do prado estaba moi humida e branda por mor da chuvia, a aguillada empezou a baixar. Non sei por que estraña razón se me ocorreu pensar que se a aguillada seguía baixando, tería que acabar nalgún sitio, pero que se acababa, a terra tiña que estar suspendida no aire. Foi a primeira vez que batín coa idea de infinito e recordo que me produciu unha sensación dolorosa, de tortura íntima, pois non conseguía entender o significado daquel enigma.

Ramón Piñeiro / Láncara

A veces los tratantes se ponían de acuerdo para no competir entre ellos con el ganado. Si alguien no les quería vender una vaca al precio que ellos ofrecían, se ponían de acuerdo para que nadie ofreciera más por aquel animal. Al final el paisano no tenía más remedio que venderlo a lo que le ofrecían.

Carmen García García / Lugo

Cando era neno e ía coas vacas aos prados de Penacova, ás Cerdeiriñas ou a Currelos. As discusións inocentes coa miña irmá Ramona. A cadela Zara, que tanto adoraba a meu pai e meu pai a ela. Era un tempo de soños e de sinxeleza humana que xa non existe.

Perfecto Conde Muruais / A Pontenova

Tiñamos un tractor. Había poucos, pero meus pais mercaron un. As vacas estaban a leite. Había que ordeñalas porque viviamos dese leite. Tiñamos vinte vacas e viña recollelo cunha cisterna unha empresa que estaba na estrada do Corgo. Nós tiñámolo nun tanque de aceiro inoxidable.

María Dolores Fernández Martínez / Guntín

Aquilo era o paraíso. Lembro ir coas vacas ao monte. Non sei se os cativos o seguen a facer aínda hoxe. Tamén lembro ir onda o que cocía o pan e pedirlle que nos fixera unha figuriña: un sapo, un boneco... Aquilo, si, era o paraíso, dunha delicia inmensa. Pero estas lembranzas non poderían ser as mesmas sen o galego, porque unha cousa vai vencellada en min á outra. Por iso sempre mantiven viva a lingua.

Basilio Losada / Láncara

A miña familia traballaba o campo e claro, os pícaros axudabamos aínda que só fose ir coas vacas. E logo, estudando fóra, cando ías á casa, tiñas que colaborar no que fose.

Manuel Pérez Puente / Pena / Castroverde

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios