jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

Unha ave fénix no folk de Covas

Grupos de baile e gaitas de Cacharela na súa última actuación (Foto: Cacharela)
Grupos de baile e gaitas de Cacharela na súa última actuación (Foto: Cacharela)

A asociación Cacharela de Covas vén de pasar tempos delicados pola baixada no número de membros pero nos últimos meses colleu un novo impulso co que pretende recuperar parte da actividade perdida. Comezaron este camiño ca incorporación de novos integrantes no grupo de gaitas e ca creación dunha nova formación de baile, que xa se estrearon ante o público nun festival celebrado no instituto María Sarmiento.

O presidente do colectivo, David Fara Seara, recoñece que durante unha época «estivo parada a cousa» e incluso pensaron en desaparecer, pero esa é unha decisión de moita trascendencia tendo en conta o que supuxo esta asociación para a cultura do municipio, pois levan máis de 20 anos ensalzando o folclore ca súa escola de música, con participación en festivais e ca organización dun propio, Vila de Covas, que este último verán non puideron facer.

«Está empezando agora a haber máis movemento, despois de todo o que levamos loitado. Había xente que de mozos estaban no grupo pero logo marchaban estudar fóra e deixábano, pero parece que volve remontar», explica David Fara, quen salienta o sangue novo do que goza agora o colectivo. «Temos un grupo tradicional de gaitas e percusión con quince persoas», algunhas delas novas incoporacións, e no que hai persoas de tódalas idades, «xente nova máis ben», pero tamén teñen apuntantados integrantes que superan o medio século. Porén, o máis ilusionante é o novo grupo que se formou con bailadoras. «Por agora hai dez pequeniños, de entre 6 e 9 anos, e despois temos outros catro bailadores máis maiores, de entre 20 e 25 anos».

Todos eles son do municipio, máis ben de Covas, e agardan que se sumen máis, tanto para un grupo como para o outro. «Estamos intentando recabar xente, canta máis mellor, que está a cousa apurada», comenta David Fara. Os interesados en formar parte poden contactar con el no teléfono 637.44.00.18.

Os ensaios son os mércores e os sábados na escola vella de Covas, un local que lles cedeu o Concello e que é actualmente a única axuda institucional ca que contan. Sen embargo non se renden, esperan seguir medrando e este verán volver organizar o festival.

Unha ave fénix no folk de Covas
Comentarios