lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

Unha avaría deixa sen luz a veciños de Vilalba, Muras, Xermade e Cospeito

O corte produciuse ao redor das nove da mañá deste domingo

Unha avaría na protección dun transformador de potencia da subestación eléctrica Sete Pontes do polígono de Vilalba deixou sen luz na mañá deste domingo ao 100% dos usuarios que dependen deste servizo. O corte afectou a milleiros de persoas do municipio vilalbés e tamén de Xermade, Muras e Cospeito. 

A avaría produciuse ao redor das nove da mañá e as súas características fixeron que tiveran que intervir os bombeiros pouco antes das doce do mediodía, para sofocar un incendio no transformador afectado, unha vez que os técnicos da compañía eléctrica Viesgo garantiron que se podía acceder a este sen correr riscos. 

Contra o mediodía conseguiuse reparar unha parte do problema, de maneira que algúns usuarios recuperaron o subministro e ao resto fóiselles devolvendo ao longo da xornada.

Unha avaría deixa sen luz a veciños de Vilalba, Muras, Xermade e...
Comentarios