Una arca de Noé muy ganadera

Estefan Doval, rodeado dalgúns dos seus exemplares na explotación gandeira de Vián, na Pastoriza. (Foto: M.Mancebo)
photo_camera Estefan Doval, rodeado dalgúns dos seus exemplares na explotación gandeira de Vián, na Pastoriza. (Foto: M.Mancebo)

Estefan Doval, de tan só 26 anos, ten na súa explotación gandeira de Vián, na Pastoriza, un cento de cabezas, entre cabalos e vacas. O tratante percorre as feiras de todo o contorno sorprendendo aos asistentes con exemplares bovinos únicos de razas como a highland, da que só existen unha decena en toda España.

con pouco máis de 16 anos embarcouse no proxecto ambicioso de poñer en marcha unha explotación gandeira na parroquia de Vián, na Pastoriza, co fin de desenvolver a tarefa de tratante. Hoxe, dez anos despois, conta xa con cen cabezas de gando, entre as que se atopan curiosas razas -equinas e bovinas- que causan especial furor entre os asistentes ás feiras semanais e anuais que se celebran tanto dentro coma fóra da comarca chairega.

O pastoricense Estefan Doval é, a fin de contas, un excelente emprendedor que, sendo pouco menos que un rapaz, decidiu que o seu futuro, e medio de vida, atopábase nun contexto rural do que moitos outros escaparon no seu momento e agora, por mor da crise, teñen que volver.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios