Un verxel ancorado na forza das augas

Agochados tras a Serra da Carba, na parroquia xermadesa de Lousada, cinco lugares forman un submundo que semella parado no tempo, cheo de historia a cada paso

Agochado detrás da montaña, pero vixiante dende o punto máis alto da Serra da Carba, Tras da Amosa é un submundo, para moitos descoñecido, nas alturas xermadesas en plena Terra Chá, un verxel ancorado na forza das augas que definen unha paisaxe que desprende historia en cada pisada e natureza viva en cada lugar que alcanza a vista.

Comentarios