domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

Un respecto polas leis; por todas

LEVAMOS meses oíndo a Rajoy que non fará nada fóra da lei. Lóxico. É o deber de calquera gobernante non saltarse as normas. Refírese ao que pasa con Cataluña, pero ben podería ser sobre calquera outro asunto. As leis deberían estar para cumprilas e se non gustan, cambialas. Pero o que non se pode é pregoar unha cousa e a contraria, por un lado insistir coa inamobilidade dunha norma e por outra non aterse a outras. Hai uns días estiven no concello ourensán do Bolo e na súa casa consistorial sigue estando o escudo do antigo réxime co seu lema de unha, grande e libre á vista de quen o queira ler, porque está na fachada. E a institución está rexida de sempre polo mesmo partido do presidente do Goberno, pero aquí, como en moitos outros lugares, o cumprimento da lei relativízase. Igual ca en Vigo, onde o alcalde, socialista, rexeita derribar un monumento franquista como ordena o xulgado. Un respecto.

Un respecto polas leis; por todas
Comentarios