Un profesor da UVigo asesora a UEFA sobre xogo limpo financeiro

Lido no novo dixital Praza Pública: ''Ángel Barajas, responsable do máster en xestión empresarial do deporte da Universidade de Vigo, é un dos nove expertos que asesoran a UEFA sobre xogo limpo financeiro''. Días atrás, Jorquera (BNG) preguntou no Congreso pola débeda dos clubs de fútbol.

Dioivo, un novo medio no país da choiva que naceu o 29 de febreiro
Dioivo (diluvio en galego) vén de nacer no país da choiva no medio do inverno máis seco do último medio século. E fíxoo o 29 de febreiro de 2012, un ano bisesto. Integrado por xornalistas que estiveron en Galicia Hoxe e noutros medios, tentará achegar análise e unha visión fresca da actualidade. E, iso si, en galego. ¡Benvidos!

O xuíz Vázquez Taín volve á radio e agradece ''as mostras de cariño''
''Quero enviar todo o meu afecto aos agredidos e agradecer as mostras de cariño de todo o mundo''. Así falou onte o xuíz Vázquez Taín no debate de Galicia por diante, que dirixe Kiko Novoa na Radio Galega. El e a súa familia seguen ameazados polo agresor do ácido, que dixo que se vingará cando saia de prisión.

Comentarios