Un bote máximo para Adrián

Algúns dos compañeiros de Adrián que fixeron os petos para recadar fondos. (Foto: Toño Parga)
photo_camera Algúns dos compañeiros de Adrián que fixeron os petos para recadar fondos. (Foto: Toño Parga)

O pasado xoves saltaba á esfera pública o caso de Adrián García Casado, un neno de Monforte que sofre parálise cerebral e precisa axuda para financiar un custoso tratamento a base de hormona de crecemento que lle permitirá mellorar a súa calidade de vida. Os seus pais, Miguel García e Libertad Casado, que se atopan en situación de desemprego, abriron un número de conta para recadar fondos, pero, expresamente, o pai de Adrián busca un posto de traballo.

Os dous chamamentos, tanto o do número de conta coma o do traballo, seguen abertos pero, a maiores, o colexio onde estuda o pequeno, o CEIP Monforte (máis coñecido coma colexio Novo) coordina agora unha campaña para recadar fondos na que tamén se implicaron o propio Centro Comercial Urbano (CCU) e o Concello de Monforte e que partiu dunha idea de Radio Principal.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios