Un periódico dixital sostén que o millonario Jacinto Rey é algo gafe

Escribe Javier González Méndez en Periodista Digital que Jacinto Rey, dono do Grupo San José, ''pon ovos en todas as cestas''. E que é gafe, pois ''enterrou'' A Nosa Terra, Xornal de Galicia e a Anxo Quintana. J.R. volve estar de actualidade por querer pechar os dominios de Xornal Galicia, de nome similar ao seu antigo dixital.

Un ano dura a volta ao mundo que inician mañá dous parados de Vigo
En Faro, Adrián Alvarellos e Pablo Cons, dous parados do barrio vigués do Calvario, contan a súa próxima aventura: dar a volta ao mundo durante doce meses. Visitarán 32 países de distintos continentes. Calculan que investirán só 12.000 euros, grazas a que buscaron aloxamento gratuíto en webs.

Dous santiagueses están entre as mellores parellas de baile do país

Manuel López e Beatriz Veiga, que son profesores en Sons Club de Baile da rúa Cancelas de Santiago, conseguiron o terceiro posto no campionato español de 10 Bailes disputado o sábado en Tarragona. Conta La Voz que os dous composteláns non paran e que proximamente competirán no País Vasco e en Madrid.

Comentarios