Un Pazo con firma

MEMORIA ►O Pazo da Cultura garda sete libros de visita con centos de sinaturas dos artistas que pasaron polo seu escenario dende 1999. A colección de firmas é tamén testemuña da historia do organismo autónomo. "Magnífico auditorio, magnífico público, magníficos todos"
Algúns dos libros de sinaturas do Pazo da Cultura coa última páxina escrita, a dos nenos de Furious Monkey House, en primeiro termo
photo_camera Algúns dos libros de sinaturas do Pazo da Cultura coa última páxina escrita, a dos nenos de Furious Monkey House, en primeiro termo

"Gracias al Pazo da Cultura por este momentazo". As dos nenos do grupo Furious Monkey House son as últimas sinaturas do libro de visitas do Pazo da Cultura de Pontevedra. En realidade, do último dos libros porque en total son sete os volumes que a institución garda con adicatorias, sinaturas e lembranzas da maior parte dos artistas que pisaron o seu escenario dende 1999 ata a actualidade. "Se lo pasamos a todos los que vienen y la grandísima mayoría están encantados de firmar. Yo díría que aquí están las dedicatorias del 99% de los artistas que han estado en el Pazo o en el Recinto Feiral", conta Paco Rivas, o empregado máis antigo do organismo autónomo e responsable de pasarlle o libro aos artistas ou á xente que os acompaña.

"Normalmente lo hago cuando llegan para preparar el escenario, en los ensayos o las pruebas de sonido". Segundo vai pasando as páxinas van aparecendo dende Teresa Berganza a Joan Manuel Serrat pasando por Víctor Manuel e Ana Belén, o Dúo Dinámico, Luz Casal, Love of Lesbian ou Boris Izaguirre. "A Boris Izaguirre pedímoslle que asinara cando veu gravar o programa de radio La Ventana con Gemma Nierga", explica a xerente do Pazo dende 2001, Pilar Portela.

A maior parte dos artistas poñen unha adicatoria e asinan o libro sen máis. "Magnífico auditorio, magnifico público, magníficos todos", escribiu o Dúo Dinámico. Despois hainos que converten a súa páxina nunha pequena obra de arte. É o caso do monologuista Goyo Jiménez, que conta con ata tres adicatorias nos últimos anos e en todas elas engadiu un autorretrato. "É un tipo absolutamente encantador. Sentímolo xa como da casa". Standstill, Xoel López ou ‘Los Gabytos’, os pallasos fillos de Gaby Aragón, deixaron tamén retratos. Os norteamericanos Vetiver foron máis orixinais e debuxaron un xamón e a Ponte dos Tirantes. Anne Igartiburu e Blanca Marsillach empregaron a súa barra de labios para deixar un bico estampado en cadansúa páxina. Outro que apostou por deixar un bico, pero de corte máis poético, foi Luis Eduardo Aute.

FRAGA. "Unha curiosidade é que a primeira sinatura da colección é a de Manuel Fraga en 2000. Pero é que a segunda é a do alcalde Juan Luis Pedrosa, que asina en 1999. Non sabemos moi ben que pasou aí, se lle gardaron a folla a Fraga para cando viñera ou como foi", explica Pilar Portela.

O Pazo da Cultura, organismo autónomo do Concello de Pontevedra, foi inaugurado en 1997. Acumula máis de 15 anos de anécdotas e curiosidades cos artistas que pasaron por alí. Paco Rivas lembra algunhas. "Recuedo que cuando vino Amparo Rivelles, ya mayor, no funcionaban aún los ascensores y tuvo que subir las escaleras ayudada por dos personas. Se la veía muy acabada así que cuando su asistenta me preguntó dónde podía comprar una botella de whisky me asusté bastante y pensé: esta mujer hoy no sale al escenario. Pero en cuanto salió a escena, se transformó y no solo hizo la función sino que puso al público en pie". Rivas recorda tamén ben a que liou o bailaor Antonio Canales. "Llegó una hora tarde. Imagínate: no sabíamos ya que decirle al público. Al final salió al escenario como una moto. El caso es que después no se quería ir y siguió la fiesta en el camerino. Era de madrugada y seguía bailando y montando jaleo. Hasta que me llamó la Policía Local preguntándome: Oye, Paco, ¿pero que lío tenéis montado ahí a estas horas? ¡Era él taconeando!".

Neste anos houbo que lidiar con outros percances, como cando Ainhoa Arteta se queixou de correntes de aire no escenario ou cando rachou un telón xusto antes dunha representación de zarzuela, sendo aínda Tino Lores concelleiro de Cultura, e non houbo tempo de arranxalo. "Se tuvo que mantener abierto toda la función. Pero aún así el espectáculo se realizó". "Podemos dicir con orgullo que en todos estes anos nunca houbo que suspender unha función nin un concerto", sinala Pilar Portela.

Os dous lembran tamén a Nati Mistral inseparable dun cadeliño ou a Carlinhos Brown súper protexido pola súa xente. "Era imposible achegarse a el".

Para Pilar Portela, o máis importante é que o Pazo cumpríu a súa función en Pontevedra. "A xente xa non ten reparos en cruzar o río. Era o noso o obxectivo".

Comentarios