Un paseo a pie por la memoria de los tiempos en Santaballa

CHA1405P2F3.JPG
photo_camera CHA1405P2F3.JPG

A lenda 'Señardades, camiño polo tempo', cravada nunha árbore ao carón da escola habaneira de Santaballa, marca o principio e o fin dun novo roteiro cultural da comarca chairega, deseñado pola Liga Santaballesa para dar a coñecer e pór en valor o patrimonio histórico da parroquia vilalbesa.

Un grupo dunha vintena de voluntarios da entidade vilalbesa, co apoio constante e continuo do director do Museo de Prehistoria e Arqueloxía de Vilalba, Eduardo Ramil, traballaron arreo nos últimos meses para darlle forma a este novo itenerario que tenta ser moito máis ca unha ruta de senderismo, ao enlazar distintas épocas do pasado de Santaballa a través dun percorrido duns doce quilómetros.

Preto de medio cento de camiñantes seguiron esta fin de semana os pasiños do pequeno Rubén -as sinais da ruta teñen debuxados os pés dun neno da parroquia- para inaugurar oficilamente esta senda que une natureza e cultura. Para a ocasión contaron coas explicacións de Eduardo Ramil, quen tentou transmitirlles aos participantes as particularidades de cada un «dos elementos máis senlleiros da parroquia».

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios