Un paseo á beira do río

Participantes na camiñata pola Ruta da Agua de Guitiriz. (Foto: C.Pérez)
photo_camera Participantes na camiñata pola Ruta da Agua de Guitiriz. (Foto: C.Pérez)

O Instituto de Estudios Chairegos (Iescha) escolleu a popular Ruta da Agua de Guitiriz para realizar unha nova edición, a décimo terceira xa, dunha das súas propostas máis tradicionais, a Ruta Chairega.

Uns 50 camiñantes de moi diversas idades, tanto nenos coma adultos, sumáronse a esta iniciativa que os levou a percorrer uns 15 quilómetros, dende a ponte e a capela do San Alberte ata a área recreativa de Sete Muíños, deste traxecto que une as tres fontes de auga mineromedicinal do municipio pola beira dos ríos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios