Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

Un país en desequilibrio económico

Formamos parte dun país economicamente desequilibrado, e non só polas inasumibles cifras de paro e a disparada débeda pública. O elevado mercado subterráneo contamina as relacións laborais. Nada novo, certo, aínda que cada vez máis evidente. Xa antes de iniciarse a crise eramos dos estados con máis volume de diñeiro negro, e agora andamos polos 80.000 millóns. Pasamos excesivas horas nos postos de traballo para a produción alcanzada, aínda que este vector non sexa habitualmente salientado, unha ineficiencia incluso máis difícil de corrixir cá dos desempregados que perciben un soldo ínfimo polas súas chapuzas para compensar a escaseza do seu subsidio.

As horas extra non cobradas aumentan e os salarios baixan, pero parece que os únicos datos que transcenden son os macroeconómicos, e así non se poñerán as bases para atenuar estes desequilibrios se algunha vez saímos desta.

Un país en desequilibrio económico
Comentarios