Un nostino de querencia

Membros da directiva da asociación de veciños de Noche, co alcalde e con Novo Cazón. (Foto: C.Pérez)
photo_camera Membros da directiva da asociación de veciños de Noche, co alcalde e con Novo Cazón. (Foto: C.Pérez)

«Son nostino de querencia», asegurou un emocionado José Luis Novo Cazón na homenaxe que onte lle tributaron os seus veciños da parroquia vilalbesa de Noche, onde se lle puxo o seu nome á vella escola, convertida hoxe nun acolledor centro social.

«É un privilexio vivir aquí», precisou o mestre e historiador, cuxa bagaxe cultural e amplo currículo foi repasado coma unha das razóns polas que se decidiu poñerlle o seu nome ao inmoble, aínda que non a única. Tamén se tivo en conta «a súa achega desinteresada e sempre activa coa asociación» ou a súa «humanidade e cercanía», segundo explicou Luis Criado, presidente da asociación recreativa e cultural Nausti, promotora desta homenaxe.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios