Un legado aberto a todos

Saleta Goi, viúva do poeta, xunto á imaxe de manuel María (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Saleta Goi, viúva do poeta, xunto á imaxe de manuel María (Foto: Pepe Tejero)

O museo dedicado a Manuel María, inaugurado a pasada semana na súa casa natal en Outeiro de Rei, abre hoxe oficialmente as súas portas ao público. Os visitantes poderán achegarse á obra e vida do poeta chairego nun edificio ideado para que a súa figura permaneza na memoria a pesar do paso do tempo.

«manuel choraría orgulloso se vise como quedou a súa casa». Pouco máis se pode engadir ás palabras de Saleta Goi, Ela foi quen mellor coñeceu ó Poeta Nacional, quen serviu de alento para que as ideas, perfectas, descendesen do mundo descuberto por Platón e fosen vertidas enriba do papel por Manuel María, acción que tantas veces realizou na pequena mesa da monfortina libraría Xistral que hoxe descansa, merecidamente, na casa museo do ilustre chairego.

A restaurada vivenda de Outeiro de Rei onde un 6 de outubro nacía un dos máis ferventes defensores da cultura galega pode, por fin, respostar con seguridade á pregunta tantas veces formulada polo escritor, á inquedanza transformada en arte nos ‘Sonetos á casa de Hortas’ -que non ‘das Hortas’- e que, coma nun conto susurrado na beira dunha gardería, conta co máis feliz dos finais.

BIBLIOTECA
Un luxo ó alcance de moi poucos

A parte baixa do museo conta cunha estancia na que se recompila a maior parte da obra literaria que posuía Manuel María. O resto dos libros están distribuídos ao longo dos diferentes espazos da casa. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios