Un histórico referente comercial na comarca

Martiñán é o barrio máis poboado da parroquia vilalbesa de Corvelle. Foi un dos núcleos comerciais máis relevantes da comarca. Agora, vellos negocios sobreviven e os novos emerxen para recuperar o potencial que tivo fai décadas

Un dos principais motores económicos da zona está ubicado nunha privilexiada situación en pleno Camiño Real, que levaba da capitalidade chairega á localidade mariñá de Mondoñedo. Isto era Martiñán fai pouco máis de catro décadas, e así o definen os seus veciños. Este barrio vilalbés, o máis poboado da parroquia de Corvelle, conserva hoxe en día os resquicios do enorme potencial que nalgún tempo tivo. En cada recuncho da vila pódense observar os restos da máis viva historia mercantil da zona, que estaba repleta de negocios e empresas que atraían a xente de todos os lugares e facía fronte á mesma capital da Terra Chá: Vilalba.

Comentarios