Un evento que implica a empresarios do sector co respaldo de todo o instituto

MAR1402P7F1.JPG
photo_camera MAR1402P7F1.JPG

O certame de baristas, que hoxe vive a súa primeira xornada, é unha actividade na que se volca todo o instituto focense e non só os alumnos da rama de hostalería. Son moitos os estudantes e profesores que participan como espectadores entusiastas nas actuacións dos baristas, unha implicación que agradecen os organizadores. Ao tempo, destacan tamén a tremenda importancia que ten a participación dos empresarios de hostalería da comarca, pois «tomaron conciencia do labor dos centros educativos como base para a mellora da calidade do servizo nos seus establecementos», apuntan.

A xefa do departamento de Hostalería, Ana Alonso, e o profesor de Servizos, Xosé Ríos, son dúas das cabezas visibles dunha organización na que todo o mundo se volca e é que a situación o require, pois necesítanse moitas mans para que todo saia á perfección e se manteña o elevado nivel acadado no certame, que logrou contar en duas ocasións coa presencia de Luigi Lupi, o mellor barista do mundo. Na orixe do campionato está dignificar a profesión e darse a coñecer a potenciais estudantes é poder cubrir, con calidade, o déficit de traballadores de hostalería.

O certame implica tamén un importante despliegue de medios técnicos, posto que cada intervención grávase para reproducirse en tempo real nunha pantalla, algo para o que contan con la colaboración da Fundación Tic da Deputación Provincial de Lugo.

Ademais do apoio institucional, son varias ás empresas que colaboran con este certame, coma a focense Detalle, que se encargou da decoración e de facer os carteis anunciadores.

Sorprender

Unha tarefa, esta última, na que buscaron chamar a atención, facendo un chamativo póster no que se repasan as diferentes etapas polas que hai que pasar para degustar un bo café, dende a planta ata o barista, unha mestura de textos e fotos coa que conseguiron o seu propósito, «que sorprenda e que te invite a ler», asevera Jorge Martínez. Xunto con Luis Martínez abriron o negocio hai un ano, un aniversario que farán coindicir co traslado da sede física da firma á rúa Eduardo Pondal, aínda que teñen claro que unha das vertentes do seu negocio vai ir encamiñada á venda on line.

Decoración e deseño de interiores é o forte desta empresa, que traballa tanto para particulares coma para negocios, pero que non dubida en apostar tamén pola formación, como é o caso do campionato de baristas, unha axuda que se materializa en darlle un novo aire ás mesas e sillas do xurado, ademais de instalar un expositor na zona de cafetería, onde tamén colocaron mobiliario da liña que eles comercializan e ser os creadores da lona.

«A experiencia estivo moi ben» confesan os responsables da empresa, dous cafeteiros empedernidos, que saben da importancia do asesoramento, algo válido tanto para o café coma para a súa empresa.

Comentarios