Lunes. 18.12.2017 |
El tiempo
Lunes. 18.12.2017
El tiempo

Un estudo sobre arquitectura gaña o premio de investigación de Friol

Reunión do xurado do certame de investigación histórica do Concello de Friol
Reunión do xurado do certame de investigación histórica do Concello de Friol
A autora é Cristina Barreiro, que recibirá 2.000 euros ► O segundo posto, dotado con 500 euros, foi para Estefanía Pena e Laura Ferro

O traballo ‘A arquitectura renacentista de índoles civil e relixiosa’, realizado por Cristina Barreiro, recibiu o primeiro premio do certame de investigación histórica, cultural e etnográfica organizado polo Concello de Friol. O segundo posto foi para Estefanía Pena e Laura Ferro, por un estudo sobre ‘Toponimia no concello de Friol’. 

O primeiro premio está dotado de 2.000 euros e o segundo, de 500. Os galardóns entregaranse nun acto que se celebrará o vindeiro sábado, día 17, ás 11.00 horas no centro sociocultural de Friol. Nesta cita, as autoras premiadas farán unha reseña das súas investigacións e recibirán os seus premios económicos e os diplomas que acreditan o galardón. Haberá, ademais, unha intervención musical. 

BO NIVEL. O alcalde de Friol, José Ángel Santos, valorou a implicación dos investigadores nesta primeira edición do certame e destacou a "gran calidade dos traballos presentados". 

Santos indicou que "Friol é riqueza a todos os niveis e o municipio ten riqueza histórica e cultural dun valor incalculable". Por este motivo, o Concello decidiu impulsar este premio para fomentar a investigación sobre o propio territorio, coa considerable dotación económica de 2.500 euros, que atrae participantes. 

O xurado encargado de valorar os traballos desta primeira edición estivo composto polo propio alcalde, por Ángel Buján, representante da asociación Carballo Vivo, e por Javier Gómez, Antonio Reigosa e Monserrat Castro, especialistas nos temas a investigar. Con dereito a voz e sen voto integraban tamén o xurado Manuel Yglesias, tamén da asociación Carballo Vivo, Fátima Iglesias, concelleira de cultura, e Jesús Rodríguez, representante da facultade de Ciencias da Educación.

Un estudo sobre arquitectura gaña o premio de investigación de Friol
Comentarios