Un encuentro sin edad

ELP0509P20F4.JPG
photo_camera ELP0509P20F4.JPG

Pasalo ben e compartir un anaco cos compañeiros non ten idade, tal e como amosaron onte os máis de 50 participantes no segundo encontro de centros de persoas maiores da Terra Chá, celebrado onte no Campo da Feira de Parga e organizado nesta ocasión polos complexos de Guitiriz e de Vilalba.

Usuarios dos centros de día de Cospeito, de Guitiriz e de Begonte e dos xeriátricos de Castro de Ribeiras de Lea e de Outeiro de Rei -finalmente Vilalba non participou polo pasamento do presidente do Padroado da Fundación Hospital Asilo, José Apenela- gozaron dunha xornada de lecer que arrincou xa pola mañá con dinámicas de presentación para coñecérense uns a outros.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios