viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Un documental fai didáctica sobre o liño e os seus usos

Marta Barreiro e Raquel Arias (esquerda) asistiron á presentación. c.pérez
Marta Barreiro e Raquel Arias (esquerda) asistiron á presentación. c.pérez

A asociación de mulleres rurais de Insua, a de veciños de Cabreiros e o grupo Muxarega volveron a unir forzar para presentar no auditorio de Vilalba un documental no que traballaron man a man: ‘O liño. Arte e cultura’.

O acto, que incluíu a proxección deste vídeo e un concerto introductorio do grupo folk pontés, contou ademais cunha mesa redonda onde se fixo fincapé no carácter pedagóxico, antropolóxico e social desta peza, tal e como salientou o seu director, Xosé Manuel Felpeto, da asociación de Cabreiros.

O asesor do vídeo e profesor da USC, Jesús Rodríguez, agradeceu a «xenerosidade» de todos os que altruistamente fixeron posible un «proxecto feito con tecnoloxía pero tecido coas mans», mentres Miguel Ferreiro destacou o carácter interexeracional da gravación.

Consiga AQUÍ la información completa

Un documental fai didáctica sobre o liño e os seus usos
Comentarios