Un día para recordar a Xosé María

Estudosos e representantes da Xunta, Concello e Xermolos, nunha xuntanza previa sobre Díaz Castro. (Foto: AEP)
photo_camera Estudosos e representantes da Xunta, Concello e Xermolos, nunha xuntanza previa sobre Díaz Castro. (Foto: AEP)

Mañá é o 19 de febreiro. Tal día coma este, ao longo da historia, producíronse numerosos acontecementos no mundo: Bonifacio III é nomeado Papa (607), abólese a servidume en Rusia (1878), créase o estadio Old Trafford (1910), un furacán abate 150.000 árbores e tira as torres de máis de 300 igrexas en Pontevedra (1941), 30.000 marines estadounidenses entran en Iwo Jima (1945), a Unión Soviética lanza a estación espacial MIR (1986), proponse o Ecu como moeda común (1988) e prodúcese a renuncia de Fidel Castro como presidente de Cuba (2008).

E na aldea do Vilariño, na parroquia guitiricense dos Vilares, nacía o poeta e traductor Xosé María Díaz Castro no 1914, unha efeméride que a Consellería de Cultura, o Concello de Guitiriz, a Real Academia Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a asociación cultural Xermolos e os centros educativos guitiricenses conmemorarán con múltiples actos ao longo da xornada, con Guitiriz como punto de referencia.

SEMINARIO
Tres xornadas para profundizar no autor

Xosé Antón Cascudo, director de ‘O instante eterno’, impartirá o seminario ‘Díaz Castro: transferencias poéticas e visuais’, que se desenvolverá na Casa Habanera os días 22 de febreiro, 1 e 8 de marzo, de 18.00 a 20.00 horas. 

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios