sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

Un día de diversión a cuberto

Asistentes ao mercado que se celebrou no interior do polideportivo xovense. josé mª álvez
Asistentes ao mercado que se celebrou no interior do polideportivo xovense. josé mª álvez

A festa Fillas de María en Xove tivo no tempo o seu peor inimigo, pero o resgardo dunha carpa na praza do centro cívico e do polideportivo xusto ao lado permitiu ás ducias de asistentes participar da xornada en condicións cómodas. A organización, a cargo da asociación de comerciantes de Xove, tiña xa decidido que a choiva non iba augar a festa e por iso acordou facer a cuberto esta cita ancestral que se recuperou hai cousa de cinco anos.

Os máis pequenos pasábano en grande no interior do pavillón de deportes, onde tiñan unha zona habilitada só para eles, con dous grandes castelos hinchables nos que desfrutaron coma nunca. Ademais tiñan unha animadora aos mandos dun taller de globoflexia pola mañá, e pola tarde houbo un obradoiro de confección de chapas e xogos tradicionais, como carreiras de sacos, tiro de corda ou petanca. E todo isto gratuíto, para alegría dos pais.

Consiga AQUÍ la información completa

Un día de diversión a cuberto
Comentarios